Curso 2007-2008


Xa estamos aquí. Os peques de Baiuca, custounos arrancar, a dicir verdade, custoulle á mestra,por que a comezos de cada curso, aparecen novos amiguiños e amiguiñas e hai que andar de vagariño con eles e elas para que se acostumen a esta nova andaina que lles toca agora xunto cos coleguiñas do curso pasado, aquí estamos as "formiguiñas"
( algunhas aínda non temos 3 anos) e os "leóns"( os maiores )coa nosa "domadora"

5 comentarios:

Tegriña dijo...

Ola amiguiños!
Somos os peques da EEI Monte da Guía, en Vigo. ¡Que ben que xa estades aquí de novo! Gustáronnos moito as cousiñas que tiñades publicadas do ano pasado ;) Así que aquí estaremos, seguíndovos de cerca.
Invitámosvos a coñecer tamén o noso blogue:
http://montedaguia.blogspot.com
¡Esperamos que vos guste!
Un biquiño!!!

Anónimo dijo...

OLA AMIGOS E AMIGAS DE BAIUCA. XA ESTAMOS PREPARANDO O MATERIAL PARA ENVIARVOS A PRIMEIRA CARTA, A PRIMEIRA "PEDRA DO PAIS" PARA CONSTRUIR UNHA PONTE ENTRE RIBEIRA E CATOIRA. MOITOS BICOS, NENOS E NENAS DE 5 ANOS.

mamiago dijo...

ola rapaces, pero cantas fotos tedes no voso blog, e qué ben o pasades

María Rodríguez dijo...

Ola desde o AULA BLOGUE de A Coruña,
fedellandono Tendal de Calcetíns din con vós e mandovos un saúdo, xa vexo que sodes veteran@s nos blogs.
Seguiremos a vosa pista.
Bicos
http://maria-eduinfantil.blogspot.com/

Anónimo dijo...

Hola amigüiños, seguro que non vos lembrades de min,pero eu si me lembro de vos.Divertinme moito o curso pasado nas tardes dos martes coas vosas historias e xogando con vos.Xa vexo que empezades pisando forte e con novos amigüiños que os tedes que tratar ben para que se acostumen a vosa andaina.Un biquiño e unha aperta para todos... CHELO.

Experimentación

Experimentación

UN BRINDE POR UN TRABALLO BEN FEITO

UN BRINDE POR UN TRABALLO BEN FEITO