Logo de manipular os distintos materiais, cada neno/a comezará a creación da súa granxa.
Teño que dicir que o resultado final non se asemella aos bocetos, porque agora primou a experimentación.
Somos os nenos e nenas dunha escola de Educación Infantil de Catoira(Pontevedra), neste curso somos 13 e temos entre 3 e 5 anos. Acabamos de estrear Internet na aula, por iso imos empregar este blog para contarvos algunhas das nosas aventuras, esperamos que alguén as atope interesantes.