

Uns días despois de ir a plantar ao monte,os nenos/as representan esa experiencia botando man de diferentes materiais, finalmente, cada neno escribirá unha frase ou título para a súa obra.
Somos os nenos e nenas dunha escola de Educación Infantil de Catoira(Pontevedra), neste curso somos 13 e temos entre 3 e 5 anos. Acabamos de estrear Internet na aula, por iso imos empregar este blog para contarvos algunhas das nosas aventuras, esperamos que alguén as atope interesantes.