SOS NATUREZA

Sábado 24. 5 do serán.

Xuntámonos todos os que podemos.

MISIÓN:

SOS NATUREZA

Equipamento:
1. Ganas
2. Palas
3. Picochas
4. Legoñas
5. Picos
6. Botas
7. Camiseta dos Bolechas
8. Gorras
* Elemento sorpresa: a merenda que levou a mamá de Simón.

Con todo este material e coa axuda inestimable de mamás, papás, avoas e avós; a misión estaba chupada: " PLANTAMOS AS ÁRBORES QUE NOS NACERÁN DAS SEMENTES QUE PUXEMOS NO OUTONO"
¿ Cómo foi? Estas son as respostas dos protagonistas:
Iván G.-Divertido, pasámolo chachi, axudoume papá coa pica porque había pedras e fixemos ben en traela e despois merendamos no monte.
Lucía.- Plantamos moito, eu plantei castiñeiros, cabín coa sacha e paseino ben. Temos que coidar as árbores, eu vou ir a ver as que puxemos para que ninguén as estropee.
Alba.- Eu quería sachar e miña nai non me deixou, pero despois meu irmán empezou a sachar e deixoulle a el e despois eu fixen outro. Paseino ben, gustaríame volver a plantar máis.
Andrea.- Plantéi nogueiras coa axuda de mamá.
Simón.- Fomos mamá, abuelo e máis eu. Levamos unha legoña, unha machada para facerlle punta ós paus que lle puxemos ás árbores para que cando medren un pouco atalos para que non os arranque o vento.

Experimentación

Experimentación

UN BRINDE POR UN TRABALLO BEN FEITO

UN BRINDE POR UN TRABALLO BEN FEITO