SOS NATUREZA

Sábado 24. 5 do serán.

Xuntámonos todos os que podemos.

MISIÓN:

SOS NATUREZA

Equipamento:
1. Ganas
2. Palas
3. Picochas
4. Legoñas
5. Picos
6. Botas
7. Camiseta dos Bolechas
8. Gorras
* Elemento sorpresa: a merenda que levou a mamá de Simón.

Con todo este material e coa axuda inestimable de mamás, papás, avoas e avós; a misión estaba chupada: " PLANTAMOS AS ÁRBORES QUE NOS NACERÁN DAS SEMENTES QUE PUXEMOS NO OUTONO"
¿ Cómo foi? Estas son as respostas dos protagonistas:
Iván G.-Divertido, pasámolo chachi, axudoume papá coa pica porque había pedras e fixemos ben en traela e despois merendamos no monte.
Lucía.- Plantamos moito, eu plantei castiñeiros, cabín coa sacha e paseino ben. Temos que coidar as árbores, eu vou ir a ver as que puxemos para que ninguén as estropee.
Alba.- Eu quería sachar e miña nai non me deixou, pero despois meu irmán empezou a sachar e deixoulle a el e despois eu fixen outro. Paseino ben, gustaríame volver a plantar máis.
Andrea.- Plantéi nogueiras coa axuda de mamá.
Simón.- Fomos mamá, abuelo e máis eu. Levamos unha legoña, unha machada para facerlle punta ós paus que lle puxemos ás árbores para que cando medren un pouco atalos para que non os arranque o vento.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

ola amiguiños e amiguiñas de baiuca, xa miramos que puxeches o noso enderezo no voso caderno, fixadevos porque ten algun erro, aqui vai o enderezo enteiro:
http://escoladecaracois.blogia.com/

parabens polas vosas plantacions. bicos.

Anónimo dijo...

Hola,atopeivos porque puxestes a dirección nun blog do colexio ponte dos brozos.
son a nai dun neno dese colexio.
Quero darvos a noraboa por este traballo tan bonito e tan importante para pais.
Pareceme moi bonito tamén que levedes os nenos a facer esas cousas,a prantar e as granxas.
Animo,non deixedes de facelo.

mamiago dijo...

moi, moi ben!!!! qué ben eso de prantar árbores con os profes e a vosa familia, parece moi divertido.

Experimentación

Experimentación

UN BRINDE POR UN TRABALLO BEN FEITO

UN BRINDE POR UN TRABALLO BEN FEITO