EXCURSIÓN A GRANXA SERANTELLOS

O 2 de marzo convertímonos en granxeiros por un día. Fomos en autobús ata,http://www.concello-cambados.com alí esperábannos Noemí, Jose e Elena ( os monitores da granxa) e tamén os animais: os porcos, as ovellas,as galiñas, os coellos, os ponis, a burra Mariola, os parrulos, os pavos... e como non a mascota da granxa TINTO ( o can que vive nun barril). O primeiro que fixemos foi ir á cociña do forno, alí moemos, amasamos e fixemos un boliño que logo trouxemos para a casa. Logo coidamos algúns animais e como xa estabamos algo cansos, repuxemos enerxías cunhas galletiñas e unhas magdalenas. Despois volvemos a ver e coidar máis animais e sobre as 2 comemos. Repostas as forzas, xogamos un pouquiño e xa tivemos que ir á horta, primeiro recollemos flores e follas do chan para facer o compos, e logo como comezara a chuviscar plantamos chícharos e ceboliñas no invernadeiro.

Foi un día de moito traballo, de anécdotas, de aventuras, porque é toda unha aventura ser granxeiro, pódete peteirar o galo, rabúñache o coello, lixaste todo de terra... pero tamén é un montón de divertido.

Despois dun longo día de traballo,despedímonos de tódolos habitantes da granxa, non sen antes tomar un bó bocata de chocolate, ata outra, pasámolo moi ben.

Buscar nas fotos a Tinto ¿ a que é curriño? A Mario e a Sergio tamén llo pareceu.

O ENTROIDO

A comezos de ano estudamos os numeros, para iso a mestra mediunos, pesounos, miramos o número dos zapatos, e aprendemos os anos que temos, o número da nosa casa e o de teléfono, fixemos moitas actividades con tódolos números que son importantes para nós e cando chegou o ENTROIDO ¿ adiviñar de que nos disfrazamos?

Experimentación

Experimentación

UN BRINDE POR UN TRABALLO BEN FEITO

UN BRINDE POR UN TRABALLO BEN FEITO