EXCURSIÓN A GRANXA SERANTELLOS

O 2 de marzo convertímonos en granxeiros por un día. Fomos en autobús ata,http://www.concello-cambados.com alí esperábannos Noemí, Jose e Elena ( os monitores da granxa) e tamén os animais: os porcos, as ovellas,as galiñas, os coellos, os ponis, a burra Mariola, os parrulos, os pavos... e como non a mascota da granxa TINTO ( o can que vive nun barril). O primeiro que fixemos foi ir á cociña do forno, alí moemos, amasamos e fixemos un boliño que logo trouxemos para a casa. Logo coidamos algúns animais e como xa estabamos algo cansos, repuxemos enerxías cunhas galletiñas e unhas magdalenas. Despois volvemos a ver e coidar máis animais e sobre as 2 comemos. Repostas as forzas, xogamos un pouquiño e xa tivemos que ir á horta, primeiro recollemos flores e follas do chan para facer o compos, e logo como comezara a chuviscar plantamos chícharos e ceboliñas no invernadeiro.

Foi un día de moito traballo, de anécdotas, de aventuras, porque é toda unha aventura ser granxeiro, pódete peteirar o galo, rabúñache o coello, lixaste todo de terra... pero tamén é un montón de divertido.

Despois dun longo día de traballo,despedímonos de tódolos habitantes da granxa, non sen antes tomar un bó bocata de chocolate, ata outra, pasámolo moi ben.

Buscar nas fotos a Tinto ¿ a que é curriño? A Mario e a Sergio tamén llo pareceu.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

PARABENS POR ESTE CADERNO E O SEU ESFORZO, ENCANTADOS/AS DE LERVOS E MIRAR AS VOSAS FOTOS. ISAURA É UNHA MESTRA CON MAIUSCULAS DA QUE ESPERAMOS SEGUIR APRENDENDO MOITAS COUSAS. GRAZAS POR COMPARTIR AS VOSAS AVENTURAS.

Anónimo dijo...

hola son david, gustame moito as fotos que tedes cos animais.

mamiago dijo...

¡qué bonito!, los papas de estos niños estarán encantados de verlos tan felices y tener esta comunicación tan valiosa con la escuela. Me parece muy interesante, divertido. Una chulada. Cuántas cosas divertidas hacen estos niños.
Bikos para todos.

Anónimo dijo...

Parabens tamén dende Vilagarcía,sentimos moi preto o Concello de Catoira e foi unha ledicia abrir este enlace e ver a escola da Baiuca.
Os vagalumes damos a benvida os novos amigos de Catoira cun bico moi forte.

Anónimo dijo...

Il semble que vous soyez un expert dans ce domaine, vos remarques sont tres interessantes, merci.

- Daniel

Experimentación

Experimentación

UN BRINDE POR UN TRABALLO BEN FEITO

UN BRINDE POR UN TRABALLO BEN FEITO